venres, 13 de xaneiro de 2017

DEZ de ORIOL MASPONS



O fotógrafo catalán Oriol Maspons Casadas (Barcelona 1928 - 2013), aveciñouse en París desde 1955 a 1957 onde colaborou en varias revistas gráficas francesas, sendo corresponsal de Arte Fotográfico para a cal entrevistou os grandes fotógrafos do momento residentes en París (Brassai, Cartier-Bresson, Doisneau ou Bourdin ). En 1958 retorna a Barcelona onde se dedicará a fotografía profesional. Foi un dos integrantes do grupo de renovación estética e intelectual da "Gauche Divine". Maspons retratou durante a década dos cincuenta a atmosfera entre a posguerra e o despregamento económico de España e posteriormente desenvolveu o seu labor fotográfico especialmente nos ámbitos da moda, a arquitectura, a publicidade, a ilustración gráfica e o retrato.
Realizou numerosas exposicións e ten fotos expostas no MOMA, aínda que o groso da súa obra, con máis de 1500 fotos, atópase no Museu Nacional d’Art de Catalunya. Foi mestre de Isabel Steva Hernández, máis coñecida como Colita. As súas imaxes serviron para ilustrar portadas de libros como ‘Poeta en Nueva York’, de Federico García Lorca, e ‘La caza de la perdiz roja’, de Miguel Delibes. Oriol Maspons e o seu socio Julio Ubiña fotografaron tamén para deseño de portadas de discos da compañía Edigsa e Belter", e popularizaron "tanto a Serrat ou Raimon como a Juanita Reina ou Manolo Escobar"