luns, 11 de novembro de 2013

Níscalos con nata










Despois da agradable actividade de baixalo lombo e colectar os níscalos, iso si, sempre en silencio para non facerse oír por curiosos desexosos de sufrir unha forte lumbalxia por tal fin.

Levamos para casa a nosa premiada colleita, evitando encontros inoportunos e sen ensinalos por aí, si hoxe presumes de cesto cheo, outros días tes que desculpar o cesto baleiro.




 Unha vez na cociña presentase a faena de limpalos e lavalos de restos de terra e outros substratos, tarefa ingrata a facer erguido contra a parede e coas mans baixo a auga fria.




Nunha tarteira botamos unha chisca de aceite de oliva e escaldamos os iscalos ata que se consuma toda a auga acumulada neles. Eu a isto chamámoslle "cogomelos base". A partires deste momento elaboramos  doadamente a receita.




Na mesma tarteira ou nunha tixola, dependendo da cantidade, poñemos dúas culleres de aceite e unha de manteiga ou( tulipán mr tulipán e sofritimos unhas láminas de allo e uns cachiños de xamón ou panceta. Engadimos os cogomelos base, sal, pementa moída e  douscentos mililitros nata de cociñar, refogamos e feito.





Ao servir botámoslle perexil picado por riba. ! Sinxelo e saboroso !

Ningún comentario:

Publicar un comentario